¿Precisas cursos de formación a túa medida?

Se a túa empresa ou centro escolar precisa dunhas necesidades específicas en cursos de formación fala con nós e propoñerémosche un plan de formación a túa medida.

Formación con garantía

O equipo de Barne formación leva máis de 25 anos formando a empresas e, dende fai 5, a centros escolares.

"Xeramos coñecemento nos diferentes ámbitos"

O persoal de formación de Barne está formado por profesores cunha amplia experiencia no mundo da formación, tanto no mundo da empresa como no da formación de nenos nos centros escolares empregando estratexias didácticas para acadar os obxectivos de aprendizaxe.

CURSO DE MECANOGRAFÍA

¿Porqué volvimos á mecanografía?
Os propios profesionais das empresas pídennolo.

¿Para que quero dominar un programa informático se despois perdo moito tempo ao escribir? En calquera profesión, dende a máquina de diagnose dun coche, control numérico de mecánico industrial, historial médico cuberto polo facultativo, etc.
Todos teñen a mesma necesidade, curiosamente os programas informáticos mudan, pero non a escritura dixital: sendo o único curso que se fai unha única vez na vida.

VANTAXES DA MECANOGRAFÍA

  • Rapidez, axilidade e, por conseguinte, mellora da productividade.
  • Aforro e optimización do tempo.
  • Reduce os erros e faltas de ortografía nunha porcentaxe elevada.
  • Escribir e ler á vez facilita a compresión dos textos.
  • Notable mellora na presentación de informes e apuntes.
  • Simultanear escritura e conversa sen necesidade de deixar de ollar ao teu interlocutor.
  • Preparamos para a IT Txartela de Mecanografía (suma puntos en diversas oposicións).

PROGRAMA KLIKA

O noso programa Klika (www.barneklika.com), é un método dinámico, sinxelo e divertido, en varios idiomas.
  • Programa de mecanografía desenvolto por nós.
  • Profesores con anos de experiencia.
  • Unha hora á semana..
  • Meses de outubro a maio (ambos inclusive).
  • Prezo actividade: 25,00€ por alumno/mes.
  • Material proporcionado (17,00€ por alumno, pago único no primeiro mes): teclado e pegatinas para tapar o teclado.
Neste momento o equipo de Barne imparte as súas clases en máis de 112 colexios, sendo fieis á nosa formación dende o primeiro ano.

CURSOS DE INFORMÁTICA

Cursos de informática para empresas e centros escolares dende o nivel inicial.

O obxectivo destes cursos de informática é consolidar os coñecementos para desenvolverse sen problemas no uso, xa sexa básico, avanzado ou experto, dos programas elixidos.
  • Nivel inicial, intermedio ou avanzado.
  • Unha hora semanal.
  • Prezo: en función dos horarios e dos cursos seleccionados.
  • De outubro a maio (ambos inclusive).
  • Idade mínima, 8 anos (en función do programa).

Sistemas operativos (Microsoft Windows e Linux)

Aprenderás o funcionamento do sistema operativo básico e avanzado, tanto sistemas basados en Microsoft Windows como nos sistemas Linux. Segundo o nivel do curso así como das utilidades que incorpora.

Ofimática (Microsoft Office e LibreOffice)

Cursos para o manexo e creación de documentos de texto, follas de cálculo, pequenas bases de datos ou presentacións coa suite completa Microsoft Office ou algún dos productos que a compoñen (Word, Excel, Access ou Power Point) ou a través da alternativa do software libre, LibreOffice.

Retoque fotográfico (Adobe Photoshop e Gimp)

Co curso de Adobe Photoshop ou Gimp(software libre) o alumno poderá aprender como utilizalos para crear imaxes novas, eliminar elementos das mesmas, cubrir os espazos valeiros, fusionar cores, texto ou elementos da imaxe e decenas de funcións útiles para todo deseñador gráfico.

Debuxo técnico (Autocad e Catia)

AutoCad e Catia son os estándares universais de deseño asistido por ordenador (CAD) e modelado 3D. Con AutoCAD poderás crear de maneira eficaz planos técnicos de todas as áreas. Con Catia aprenderás a modelar mediante o croquizado, crear sólidos, ensamblaxes, e todos aqueles coñecementos necesarios para poder realizar o modelado paramétrico.

CURSOS DE IDIOMAS

Cursos de idiomas para empresas e centros escolares.

O noso método é que os alumnos aprendan sen agobios, por iso, as clases son dunha hora á semana. Aínda que en Barne estamos abertos a adaptar os nosos cursos coa posibilidade de dar máis horas semanais segundo as súas necesidades.
  • Nivel inicial, intermedio ou avanzado.
  • Unha hora semanal.
  • De outubro a maio (ambos inclusive).
  • Prezo: 25,00 € alumno/mes.
  • Idade mínima, 3 anos.

Inglés

Nivel inicial, intermedio e avanzado.

Francés

Nivel inicial, intermedio e avanzado.

Alemán

Nivel inicial, intermedio e avanzado.

Barne Formación

Calle Serapio Mujika 6
20303 IRUN (Gipuzkoa)
Tel. 627 93 04 98
barneforma@gmail.com

TOP